
O vindeiro 9 de outubro de 2026 celebramos unha nova edición da nosa Xuntanza da 3ª Idade.
Unha xornada para compartir, desfrutar, bailar e vivir xuntos un día cheo de convivencia, música e celebración.
Programa:
13:00 h — Misa na Casa da Cultura
14:00 h — Xantar na carpa da rúa Gumersindo Areán
16:00 h — Entrega de agasallos
16:20 h — Actuación a cargo de Pili Pampín
Venda de tickets: do 29 de setembro ao 5 de outubro.
Prezos:
• 10 € — Maiores de 65 anos empadroados
• 10 € — Menores de 65 anos empadroados que perciban algunha prestación con cargo ao sistema público de pensións
• 30 € — Resto de persoas interesadas
Agardámosvos para compartir unha xornada de convivencia, música e celebración!