Novas

Benestar en Balnearios

By 28 Maio, 2026No Comments

A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Un programa para persoas maiores de 60 anos de Galicia, pensado para seguir gañando en saúde e calidade de vida, a través do descanso e dos beneficios das augas termais.

En que consiste?

Estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa -inclúe aloxamento, almorzo, xantar e cea- a escoller entre 15 balnearios de Galicia, con quendas dispoñibles entre xullo e decembro de 2026.

O programa inclúe os tratamentos termais prescritos polo persoal médico do balneario, así como as actividades de animación sociocultural de cada establecemento.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, así como a persoas pensionistas maiores de 55 anos. Pódese asistir cun acompañante. 

Ademais, no caso de ter un fillo ou filla cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, este tamén pode participar.

As persoas participantes deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Cal é o prazo de solicitude?

Do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026, ambos incluídos.

Como se solicita?

Canto custa?

As tarifas están subvencionadas pola Xunta de Galicia, polo que o programa ofrece prezos reducidos que oscilan entre os 31 e os 44 euros por noite, segundo o establecemento escollido.

Os prezos de cada establecemento pódense consultar no folleto informativo.

Como confirmo a reserva?

Cando reciba a confirmación da concesión da praza, debe contactar co balneario para reservar a quenda a través dun depósito de 30 euros. O restante aboarase á chegada.

Para maior información e trámite de solicitudes, acudir ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

Share