O Concello de Rodeiro informa da realización dunha nova campaña de recollida de plástico agrícola, co obxectivo de facilitar unha xestión correcta dos residuos procedentes das explotacións.
A recollida inclúe exclusivamente plásticos de silo e de invernadoiro, que deberán depositarse limpos e atados nos puntos habilitados.
Datas
- Depósito dos plásticos: días 20 e 21 de abril.
- Recollida: día 22 de abril.
Lugares habilitados
- Parroquia de Río: Campo da festa
- Parroquia de Camba: Campo da festa
- Parroquia da A Portela: Campo da festa
- O Salto e San Salvador: Campo da festa de San Salvador
- Parroquia de Vilela: Campo da festa
Normas importantes
- Só se recollen plásticos de silo e de invernadoiro.
- Non se recollen garrafas, big bags, cordeis, restos de poda nin ningún outro tipo de residuo.
- Non depositar plásticos fóra das datas indicadas.
- Lémbrase que non está permitido depositar plástico agrícola nin no contedor verde nin no amarelo.