Skip to main content
Novas

8 de Marzo, día Internacional da Muller

By 5 Marzo, 2024No Comments

O venres 8 de marzo ás 12:00h. Noelia Míguez Vázquez impartirá unha conferencia que leva por título “sinais que marcan” no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” onde relatará en primeira persoa a súa historia como supervivinte da violencia machista sendo unha adolescente, historia que relatou no libro “8 señales, cuestión de vida o muerte”.

Ás 19:00h. realizarase unha concentración e lectura de manifesto na Praza de Oseira.

Dende o Concello de Rodeiro animamos a todas as veciñas e veciños, así coma asociacións e grupos sociais a participar nestas actividades programadas para a conmemoración do 8M, día de especial reivindicación da igualdade e dos dereitos das mulleres.