Novas

25N | Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

By 24 Novembro, 2026No Comments

O Concello de Rodeiro, a través da Concellería de Igualdade, súmase á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Esta data constitúe unha oportunidade para reafirmar o noso compromiso coa igualdade, coa prevención da violencia machista e coa defensa dos dereitos e da liberdade de todas as mulleres.

Con este motivo, convocamos a toda a veciñanza a participar na concentración que terá lugar:

Praza do Concello de Rodeiro
19:30 horas

A loita contra a violencia machista é unha responsabilidade colectiva. É necesario seguir traballando desde as institucións e desde a sociedade para construír un Rodeiro máis xusto, igualitario e libre de violencia.

Agardamos contar coa vosa presenza e participación.

Share