O venres 30 de setembro terá lugar a XXVIII Xuntanza da Terceira Idade. O programa de actos previsto é o seguinte:
12:30 h. Recepción de autoridades
13:00 h. Misa na Casa da Cultura e ofrenda aos maiores
14:15 h. Xantar na carpa situada na Praza do parque a carón da piscina
17:30 h. Entrega de agasallos e baile
Para asistir a esta xuntanza será imprescindible recoller a entrada na Casa do Concello ata o martes día 27 (incluído). Do mesmo xeito que en anos anteriores, vaise establecer unha cota para participar neste xantar, que será a seguinte:
- 10 euros para os maiores de 65 anos EMPADROADOS.
- 10 euros para os menores de 65 anos EMPADROADOS que perciban algunha prestación con cargo ao sistema público de pensións (xubilación, invalidez, orfandade, RISGA, etc).
- 20 euros para o resto dos interesados en participar.
Con esta achega trátase de garantir a mellor celebración posible e de facelo primando a asistencia dos maiores de Rodeiro, pero sen pecharlle as portas a aquelas persoas doutras idades ou residentes noutros concellos que queiran disfrutar connosco deste xantar de confraternidade e que, neste caso, deberán aboar o prezo completo do prato.