Dende Abril ata Xuño, a Concellaría de educación, comercio, turismo e patrimonio coa colaboración do Grupo Codorniu Rodeiro acolle a 1ª edición do concurso de tapas de caza e pan de Rodeiro. Unha iniciativa a destacar da 1ª xornada de promoción da gastronomía local no Concello de Rodeiro e dar a coñecer a gastronomía do pobo de Rodeiro e gozar das pequenas delicias que son as Tapas de Caza a un prezo moi accesible.
Concursan sete establecementos de hostalería do termo municipal de Rodeiro, no cal cada un, elabora unha tapa de xeito tradicional e creativo baseando a súa elaboración nos produtos de recoñecida calidade e tradición na zona como son, o Pan de Rodeiro e a Caza, dando unha relevancia especial aos mesmos.
Os establecementos servirán no seu horario comercial as tapas protagonistas nas vindeiras datas do 21 e 22 de abril; 19 e 20 de maio e 9 e 10 de xuño, coincidentes coas datas das rutas de sendeirismo establecidas no Concello. Un aliciente máis para achegarse ao pobo de Rodeiro na fin de semana. O público viandante poderá participar non só coa degustación da tapa, senón coa valoración da mesma nos cupóns de votación entregados polos establecementos. Estos cupóns poderaos facer gañadores de lotes de produtos vínicolas subministrados polos colaboradores da iniciativa.
O público participante terá a súa disposición dípticos co nome da tapa e viño aconsellado para a súa degustación, plano da ruta de tapeo e o cupón de votación, para que introduza os seus votos nunha furna precintada. Atopará enlaces e dispositivos QR en internet para a xeolocalización dos locais e información do evento.