O Concello de Rodeiro, a través do Programa Concellos Saudables, organiza unha “Xornada sobre alimentación saudable”, baixo o título de Recreos con froitas. Esta xornada celebrarase o martes día 21 no Colexio Público de Rodeiro.
A charla será impartida polos membros da unidade de Concellos Saudables Rodeiro-Lalín, a nutricionista Vanesa Taboada Santiso e Carlos Vázquez Barreiros. Repartiranse froitas a 250 rapaces do colexio en horario de 12:10 a 12:30