O Concello de Rodeiro, a través da Concellaría de educación, comercio, turismo e patrimonio que xestiona o concelleiro D. Pablo Sobrado Vázquez, vén de coordinar unha xornada de formación orientada á preparación de cócteles e combinados.
A formación será impartida por D. José Soto, que é un recoñecido formador e barman profesional galego. Actualmente desenvolve a súa labor como xefe de Bar do Casino da Toxa.
Actividade: máster class sobre a preparación de cócteles e combinados
Data: luns, 12 de agosto
Hora: 17.00h – 20.00h
Lugar: Taberna Bruxas e Coruxas