En colaboración co Instituto Galego de Consumo e Competencia da Xunta de Galicia o vindeiro día 30 de xullo desenvolverase en Rodeiro un obradoiro que leva o interesante título de A Fábrica de Contidos.
Destinado a mozas e mozos de entre 15 e 17 anos e con 1 hora de duración, consistirá en traballar por equipos no deseño dun produto da vida cotiá ou que non exista no mercado e presentalo ao resto de grupos mediante a elaboración dun pequeno anuncio. Despois os produtos serán poxados entre todos os grupos para saber cal sería o seu prezo adecuado en función da súa utilidade.
Lugar de celebración: salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”
Día: martes 30 de xullo
Horario: de 13:00 a 14:00h.
Participantes: mocidade de entre 15 e 17 anos.
Inscrición: no servizo de educación familiar.
Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.