Novas

Vanesa Muela e Banda Traka

By 16 Xullo, 2026No Comments

A música tradicional galega chega a Rodeiro da man de Vanesa Muela e A Banda Traka para acompañarnos co Rodeiro Solidario con Venezuela!

O vindeiro 18 de xullo ás 22:00 horas, o Parque do Río (detrás do Concello) converterase no escenario dun concerto cheo de ritmo, tradición e cultura dentro da programación de +Música.

Unha oportunidade perfecta para gozar en directo dun espectáculo único, pensado para todos os públicos, nun entorno incomparable. Entrada libre

¡Agardámosvos para vivir unha noite inesquecible ao son da mellor música tradicional!

Share