Skip to main content
Novas

Toponimízate

By 27 Setembro, 2022No Comments

A Real Academia Galega fai un chamamento á veciñanza de Rodeiro para que acudan á charla Toponimízate, que terá lugar o venres día 7 de outubro no Centro Cultural Manuel Lamazares, sobre todo a aquelas persoas que coñezan ben os nomes de cada recuncho do territorio que habitan e que forman parte do patrimonio inmaterial e cultural deste concello.

O relatorio será impartido por Vicente Feijoo Ares, o coordinador técnico do proxecto Galicia Nomeada [1], e nel fará fincapé na importancia de salvagardar a nosa toponimia tradicional, especialmente nun concello como Rodeiro onde cada vez queda menos xente que coñeza o monte e saiba os seus nomes.  Tamén explicará con detalle como funciona a aplicación Galicia Nomeada para a recolleita colaborativa de todos estes nomes de terras, fontes, regueiros, penedos… que se están perdendo de forma acelerada. Ademais, as persoas asistentes tamén poderán coñecer a orixe e significado dos nomes das parroquias e das aldeas deste concello.