A Secretaría Xeral de Medios ven de convocar unhas axudas para garantirlle o acceso aos fogares galegos dos colectivos en risco de exclusión social.
As axudas consistirán na entrega ao beneficiario de todo o equipamento necesario para a recepción das canles de TDT a través do satélite.
A instalación incluirá tódalas actuacións que sexan precisas para o correcto funcionamento dos equipos.
Para acceder a estas axudas deberá pertencer a un dos seguintes colectivos:
– Maiores de 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de garao II ou III.
– Cun grao de discapacidade do 33% ou superior, constando unha das súas discapacidades de tipo auditivo ou visual.
– Persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou en compaña doutra persoa maior de 80 anos.
O prazo remata o 31 de xullo de 2010.
Máis información na descarga asociada.