Skip to main content
Novas

Subvencións para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal: adquisición de punto limpo móbil

By 18 Decembro, 2023No Comments

O Concello de Rodeiro resultou beneficiario das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 21 de xullo pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado por a Unión Europea-NextGenerationEU, e se realiza a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (procedemento MT975S).

A actuación subvencionada está enmarcada na liña 3 e ten como finalidade a adquisición dun punto limpo móbil.

O importe da axuda concedida ascende a 69.291,00 €.