Skip to main content
Novas

Subvencións para actividades culturais e deportivas 2010

By 3 Febreiro, 2011No Comments

No Boletín Oficial da Provincia núm. 23, correspondente ao día de hoxe, figura publicado o anuncio de convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas correspondentes ao ano 2010. O praza de presentación de solicitudes remata o día 23 de marzo de 2011.

Dadas as dificultades que padecen algunhas asociacións para a presentación correcta da documentación esixida nas bases específicas e na ordenanza reguladora, amosadas en pasadas convocatorias, convocarase pola Secretaría do Concello a todas as asociacións inscritas a unha reunión técnica informativa que se desenvolverá proximamente na Casa do Concello.

Leave a Reply