Dende o luns 11 ata o venres 15 atópase na casa da Cultura unha exposición sobre o cambio climático.
O xoves 14 ás 17:00 haberá un obradoiro para divulgar e concienciar sobre o fenómeno do cambio climático, este obradoiro será para
maiores de idade.
Os obxectivos destes obradoiros son:
– favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático.
– promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais.
– concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución.
– vivencializar os efectos/consecuencias do cambio climático na cotidianidade.
– sensibilizar aos participantes do seu papel no efecto multiplicador da difusión das actitudes no seu entorno máis próximo.
Para apuntarse ó obradoiro deberá chamar ó teléfono do Concello (986790185)
Para máis información: www.siam-cma.org