Skip to main content
Novas

Servizo de acollida de animais domésticos abandonados

By 25 Abril, 2013No Comments

O Concello de Rodeiro, conta con servizo de acollida de animais de compañía abandonados.
Este servizo ponse en marcha despois de asinar o Convenio Marco coa Deputación de Pontevedra para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados.
Este servizo contempla a retirada de animais domésticos mortos (cans e gatos) das vías públicas e estradas municipais, así como a recollida de cans abandonados, que serán trasladados ó Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira (Meis).

Cando sexa posible a identificación do propietario do animal, comunicaráselle e daráselle un prazo para que poida recuperalo, previo abono dos gastos ocasionados polo mesmo. Se nese prazo o propietario non recolle ao animal entenderase que está abandonado, o cal non exime ao propietario da responsabilidade na que puidese incorrer co seu abandono.

En ningún caso se recollerán animais con propietario sen a existencia dun motivo xustificado que non supoña o abandono indiscriminado ou un desleixo de obrigas por parte do propietario.

As incidencias que se poidan dar por animais de compañía abandonados comunicaranse ao Concello.

Leave a Reply