
A esencia do rural galego nun encontro cheo de tradición e sabor
Sabor Labrego é unha cita creada para reivindicar a riqueza do rural galego, a calidade dos produtos da nosa terra e o traballo diario de gandeiros, produtoras e persoas vinculadas ao sector primario. Durante varias semanas, Rodeiro converterase nun punto de encontro para amantes da gastronomía, do motor, da tradición e da cultura popular.
O evento combina actividades deportivas, exhibicións gandeiras, degustacións, música e propostas gastronómicas pensadas para todos os públicos, nun ambiente festivo que pon en valor a identidade e o patrimonio das comarcas do interior de Galicia.
Programa de actividades
26 de abril – I Ruta Cambota
Xornada adicada ao motor e á aventura con rutas de Enduro, Trail e Quad, nun percorrido pensado para descubrir a paisaxe e os camiños do municipio. A actividade incluirá tamén o tradicional xantar “Sabor Labrego”, onde os participantes poderán desfrutar da gastronomía local.
2 de maio – II Fase do Campionato Galego de Andadura Federada
Rodeiro acollerá unha nova edición desta importante proba ecuestre federada, reunindo xinetes, amazonas e afeccionados ao mundo do cabalo nunha xornada marcada pola competición e a tradición.
Do 8 ao 17 de maio – II Camburguer
Os venres, sábados e domingos celebrarase o II Camburguer, unha proposta gastronómica centrada na carne de tenreira suprema e vacún galego. Haberá concursos, degustacións e diferentes creacións culinarias elaboradas con produtos de proximidade, apostando pola promoción da carne de calidade e da hostalaría local.
Sábado 23 de maio – Cata de Maridaxe
Un espazo pensado para descubrir novas combinacións de sabores a través dunha experiencia gastronómica única, onde os produtos da terra e as bebidas seleccionadas serán os grandes protagonistas.
Domingo 24 de maio – III Sabor Labrego
A xornada principal do evento contará cun amplo programa de actividades:
- 12:30 h – Apertura da exposición alimentaria das comarcas do Deza, Chantada e Ulloa.
- 13:00 h – Exhibición de gando.
- 13:00 h – Lectura do pregón oficial.
- 14:00 h – Entrega de recoñecementos a gandeiros e gandeiras polo seu labor e compromiso co sector.
- 14:30 h – Festa do Chuletón, cun Menú Sabor Labrego por 32 €.
- 18:30 h – Música e festa coa actuación da orquestra La Fórmula + DJ.
Sabor Labrego nace co obxectivo de converterse nun referente da promoción agroalimentaria e cultural do interior galego, creando un espazo de encontro entre tradición, innovación e orgullo polo noso rural.
Organiza: Concello de Rodeiro.