O vindeiro 19 de maio, buscamos poñer en valor e promover as potencialidades do sector agroalimentario de Rodeiro, con énfase na produción de leite e carne. Pretendemos destacar a excelencia dos produtos locais e fomentar o consumo nos establecementos de hostalería da zona, reforzando así a nosa identidade e a economía local.
Pero Sabor Labrego é moito mais, nace coa pretensión de abranguer a totalidade do ano con charlas, obradoiros, cursos, impulso organizativo en defensa dos recursos alimentarios locais, etc.
Por suposto destacamos a produción de leite e carne de vacún, mais tamén, debemos reforzar outras produción que poden xerar riqueza a nosa localidade como pode ser o mel, castaña, cogomelos, horta, a transformación, o silvopastoreo, etc.
En definitiva, temos un territorio que pode xerar maiores recursos para a economía familiar e dende a administración local queremos traballar no seu impulso e promoción.