Skip to main content
Novas

Ruta do Seixas

By 12 Maio, 2009No Comments

O Domingo 31 de Maio terá lugar a ruta do Seixas, comezará no km.0 de Lalín ás 9:30, haberá tamén un autobús dende Rodeiro que sairá ás 9:00 dende a Praza do Concello.
A ruta constará de tres niveis.O primeiro deles de dificultade baixa consta de 9km (1 hora e 45 min), un segundo nivel de dificultade media de 15 km (2 horas e 30 min) e por último o último nivel de dificultade alta de 21 km (5 horas).
Haberá tres zonas de regreso:
Nivel 1: Fondo do Barreiro
Nivel 2: A Xesta
Nivel 3: Lalín
Deberase notificar a idade do participante.
Todos aqueles que queiran participar deberán acudir á Casa da Cultura, chamar ao 986.79.03.01 ou no mail cultura@rodeiro.gal
Esta actividade está incluída dentro do programa Concellos Saudables.

Leave a Reply