
Onte tivo lugar a inauguración e visita guiada á exposición Rompe, xoga en igualdade na sala de exposición do Centro Cultural “Manuel Lamazares” en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Agradecemos a asistencia da deputada provincial María Victoria Alonso Méndez e de Irene Silva Xiráldez, directora artística da exposición que realizou unha visita guiada pola mesma ao alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI de Rodeiro.
A exposición poderase visitar de luns a venres ata o 10 de maio en horario de apertura habitual do centro cultural.