No Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 49, correspondente ao día 11 de marzo do corrente, publícase un edicto da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral no que se fai pública a relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Xerais a celebrar o vindeiro día 28 de abril de 2019. Ao Concello de Rodeiro correspóndenlle seis mesas electorais distribuídas en cinco locais electorais repartidos ao longo do Concello.
Infórmase que, respecto de anteriores eleccións, a distribución sufriu un cambio motivado pola supresión da mesa que se situaba na antiga escola do lugar de Asperelo e na que exercían o seu dereito ao voto os electores residentes nas parroquias de San Martiño de Asperelo e San Paio de Senra. Ditos electores trasládanse para estas e futuras eleccións ao lugar de Rodeiro, na mesa situada no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.
A situación actual das mesas e a súa distribución por parroquias pode consultarse no enlace anexo: Mesas-ECX-2019 (pdf)