Skip to main content
Novas

Relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Locais do 22 de maio de 2011

By 5 Abril, 2011No Comments

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 65, correspondente ao día 4 de abril, publícase un edicto da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral no que se fai pública a relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Locais a celebrar o vindeiro día 22 de maio de 2011. Ao Concello de Rodeiro correspóndenlle sete mesas electorais distribuídas en seis locais electorais repartidos ao longo do Concello. As mesas e locais electorais non sufriron variación algunha dende os últimos procesos electorais celebrados. A súa situación e distribución por parroquias pode consultarse na ligazón recomendada.

Leave a Reply