Skip to main content
Novas

Recollida de roupa para o pobo saharaui

By 12 Novembro, 2012No Comments

O Concello de Rodeiro colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na campaña coa que pretende recadar diñeiro mediante a recollida de roupa usada para o financiamento de proxectos de carácter humanitario: comprar alimentos e menciñas e axuda no financiamento do programa de Vacacións en Paz.
Por cada 15.000 quilos de roupa usada recollida, obteranse uns 6.000 euros para comprar comida e medicamentos en Alxeria e repartila polos campamentos saharauís.
Recóllese roupa, calzado, mantas, sabas, bolsos e mochilas, independentemente do seu estado de conservación. Vale calquera tipo de roupa, aínda que estea gastada, vella…
A campaña dura ata finais do presente mes de novembro e o lugar de recollida de roupa no Concello de Rodeiro será a Casa da Cultura.
Calquera veciño/a interesado/a en colaborar pode levar a roupa, calzado… para doar á Casa da Cultura ata o 28 de novembro en horario de 09:00 h. a 13:30 h. pola mañá e de 16:00 a 19:00 h. pola tarde de luns a venres.

Para recibir máis información contactar con Ana, educadora familiar:
Tfno.: 986790185
E- mail: educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply