O Concello de Rodeiro colabora nesta campaña de “Caravana pola paz”, organizada pola Asociación do pobo saharauí.
Recolleranse alimentos non perecedoiros tales como atún, garavanzos, lentellas, aceite de oliva,… e produtos de hixiene.
Todos aqueles interesados poderedes deixar a vosa doazón na oficina de servizos sociais do Concello de Rodeiro ata o vindeiro 27 de outubro de 2014.
Na descarga asociada poderedes ver o cartel da campaña.