Ao longo do mes de novembro e decembro prográmase esta novidosa actividade que se fundamenta nas técnicas de coaching familiar e a educación emocional coma estratexias para abordar a educación dos fillos e fillas baixo os principios da igualdade e o respecto.
Desenvolveranse 10 talleres de unha hora e media de duración cada un, distribuídos en dous grupos. O primeiro grupo diríxese a pais e nais con fill@s que se atopen cursando ensinanzas de educación infantil e primaria e o segundo grupo formarase con proxenitores con menores que cursan ensinanzas de secundaria.
Que se ofrece a través desta actividade?
TALLER DE COACHING FAMILIAR
Ferramentas e recursos que axuden a fortalecer as relacións familiares no fogar.
Técnicas para mellorar a comunicación cos fillos e fillas.
Entender a importancia de educar dende o respecto e a igualdade.
Resolver conflitos que poidan surxir no sistema familiar no momento de adoptar principios de corresponsabilidade e coeducación.
Entender mellor as necesidades dos menores construíndo empatía e confianza mutua.
Aprender a recoñecer e xestionar as emocións como familia.
A actividade correrá a cargo de profesionais expertas en coaching e educación familiar dende a disciplina positiva.
Para recibir máis información e inscribirse na actividade contactar co Servizo de Educación Familiar: educadora@rodeiro.gal, tfno.: 986790009
Os grupos de traballo son reducidos, existindo só 10 prazas dispoñibles en cada grupo.
O lugar de desenvolvemento dos talleres será o Centro Cultural Manuel Lamazares e comezarán ás 21:30 h., unha vez á semana. O horario pode modificarse en función das necesidades e preferencias dos membros de cada grupo.