Skip to main content
Novas

Proxecto de educación para a saúde

By 23 Xaneiro, 2013No Comments

O Concello de Rodeiro, a través do Servizo de Educación Familiar, pon en marcha de novo o proxecto de Educación para a Saúde.
Esta iniciativa, a cal se desenvolve en colaboración co CPI de Rodeiro, ten como principal obxectivo a educación en hábitos de vida saudables e a prevención de condutas de risco no colectivo adolescente de Rodeiro. Entre os principais ámbitos de actuación están a prevención en drogodependencias, a educación afectivo-sexual e a promoción da igualdade.
As sesións de traballo desenvolveranse dende o mes de xaneiro ata xuño, insertadas no horario de titoría de cada grupo de alumnado da ESO, comezando o vindeiro 23 de xaneiro. Con cada grupo desenvolveranse 6 sesións, adaptándose as actividades e dinámicas aos coñecementos previos do alumnado e aos diferentes momentos de desenvolvemento. A metodoloxía basearase na participación e aprendizaxe activos.

Leave a Reply