Skip to main content
Novas

Programación para conmemorar o 25N: Día para a eliminación da violencia contra as mulleres

By 21 Novembro, 2025No Comments

O vindeiro martes 25 de novembro crearase a exposición de Zapatos Vermellos na praza diante do Concello. Durante toda esta semana recibimos as doazóns de pares de zapatos que pintaron de vermello nas diferentes actividades municipais tanto as crianzas coma as persoas maiores.

Ás 18:30 h. realizarase a entrega de premios ás gañadoras do concurso de fotografía A Muller Rural de Onte e de Hoxe no salón de plenos.

Ás 19:00h. convócase unha concentración diante do Concello para manifestar a nosa condena a todo acto de violencia machista e o noso recordo e apoio ás vítimas e as súas familias. 38 mulleres asesinadas pola súa parella ou exparella no que vai de ano é un dato que por si só deixa claro a magnitude e gravidade deste problema na nosa sociedade.
Como comunidade debemos amosar publicamente o nos apoio ás vítimas e o rexeitamento de todo tipo de violencia contra a muller polo simple feito de ser muller e por iso vos invitamos a acudir á concentración que se celebrará o vindeiro 25 de novembro.