Skip to main content
Novas

Programa Vitalia – Estancias terapéuticas dirixido a mulleres diagnosticadas de cancro

By 2 Maio, 2016Maio 3rd, 2016No Comments

A Asociación Española contra o Cancro quere pór en coñecemento que se está preparando o Programa Vitalia – Estancias terapéuticas dirixido a mulleres diagnosticadas de cancro.

Con este programa créase un espazo de interacción social e participación activa da muller diagnosticada de cancro mediante diversas actividades grupais e terapéuticas onde non só se facilita información senón tamén a expresión de sentimentos e aprendizaxe de técnicas e estratexias de afrontamento a nivel médico, psicolóxico e social que permiten mellorar a súa calidade de vida.

Este ano o programa é gratuíto e realizarase na Residencia de Tempo Libre de Carballiño (Ourense) do 30 ao 2 de xuño,  en réxime de pensión completa.
Programación: Aula Saúde (Oncólogo), Taller de Estética e Automaquillaxe, Taller con Psicóloga (Afrontamento enfermidade e Afectividade-Sexualidade), Taller de Empoderamento, Risoterapia, Ioga, Saídas a Ourense e Termas Outariz, Animacións e Tempo Libre.

As persoas interesadas poden solicitar información na oficina de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

Prazo de limite para inscribirse: 13/05/2016