Novas

Programa Vacacións en Paz 2026:  acollida de nenos e nenas saharauís

By 7 Maio, 2026No Comments

Dende a Asociación Solidariedade Galega con Pobo Saharauí (SOGAPS) realizan un chamamento para atopar familias de acollida para o programa de Vacacións en Paz deste verán.

Este é un proxecto de acollida temporal que ofrece ás familias saharauís a posibilidade de que os seus fillos e as súas fillas  participen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas, durante os meses de xullo e agosto; o cal permite que estes menores poidan disfrutar do verán sen pasar polas altas temperaturas do deserto onde se sitúan os campamentos de refuxiados e recibindo a atención sanitaria adecuada.

Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) é quen desenvolve o programa en Galicia, comunidade que participa nel dende o ano 1991.

Informamos que está aberto o prazo de solicitude das familias que desexen ser acolledoras nos vindeiros meses de xullo e agosto de 2026 dun pequeno ou pequena saharauí.

Para recibir calquera información, sen compromiso, sobre como converterse en familia acolledora para este vindeiro verán, requisitos, documentación, contacto coa asociación, coñecer a experiencia de outras persoas acolledoras, etc., poden achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Rodeiro ou contactar directamente coa asociación: asociacionsogaps@yahoo.es, Teléfono: 669 078 725

Share