- BENEFICIARI@S:
* Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan pensionistas ou perceptores de prestacións de desemprego e conten cunha idade mínima de 55 anos para persoas perceptoras de pensión viuvedade; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade de cónxuxes.
* Así mesmo poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45% .
* Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.
* Precisar os tratamentos termais solicitados.
- DESTINOS E QUENDAS.-
Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:
* Na provincia de A Coruña ofértanse os balnearios de Carballo e Brión.
* Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), Hesperia Guitiriz (Guitiriz) e Augas Santas (Pantón).
* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.
* Na provincia de Pontevedra ofértanse os balnearios de Acuña, Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tui, Termas de Cuntis, Baños da Brea (en Vila de Cruces), Mondariz e na Illa da Toxa.
A primeira quenda a solicitar inclúe dende o mes de febreiro ate agosto (ámbolos dous incluídos) e a segunda quenda de setembro a decembro.
Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello.
O prazo de presentación de solicitudes para a primeira quenda rematará o día 4 de decembro 2025 e para a segunda quenda, permanecerá aberto ate od ía 15 dem aio de 2025.