Skip to main content
Novas

Programa Ler conta moito, igualdade e violencia de xénero 2019. Mago Pedro Bugarín presenta “4 (Igualdade) Maxia de catro a catro”

By 12 Setembro, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Pedro Bugarín o vindeiro venres 13 de setembro ás 18:00 horas no Centro Cultural Municipal. O mago presenta o seu espectáculo “4 (Igualdade) Maxia de catro a catro”. É un espectáculo que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co máis místico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías. Non deixará indeferente a ninguén. Está destinado a todos os públicos.

Esta actividade forma parte do Ler conta moito igualdade e loita contra a violencia de xénero 2019, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.