Skip to main content
Novas

Programa Ler conta moito 2019 Óscar Villán “Aproximación á ilustración”

By 23 Outubro, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 24 de outubro ás 15:00 horas no Centro Cultural Municipal. Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o ilustrador e pintor Óscar Villán levará a cabo unha actividade de animación á lectura baixo o título “Aproximación á ilustración”.

Charla sobre o proceso de ilustración dun libro que toma como referencia o traballo do propio Óscar inicialmente, pero tamén o de moitos outros debuxantes, pintores e artistas con estilos e puntos de vista diverxentes… coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte. Recomendación de libros.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2019, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.