O Concello de Rodeiro, a través do seu Museo municipal, adheríuse a un programa de colaboración co Museo provincial da Deputación de Pontevedra, co fin de desenvolver exposicións e actividades culturais de diversa natureza.
Este proxecto de achegar o Museo de Pontevedra aos cidadáns da provincia contribuirá a mellorar a vida cultural do noso Concello, que conta con recursos limitados. É fundamental a unión dos esforzos neste eido.
Por iso, grazas a este programa poderemos disfrutar de actividades expositivas previamente realizadas no Museo provincial e doutras propostas ou iniciativas que poidan xurdir por parte da entidade municipal ou provincial. Esta colaboración contribuirá a dinamizar a vida cultural do noso concello e permitirá compartir recursos de maneira que, cuns custos limitados, academos un alto rendemento cultural.