A través da Resolución do 29 de novembro de 2022 a Xunta de Galicia convoca a concesión inicial e renovación das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivendas do Plan estatal para o acceso a vivenda 2022-2025 (DOG 236 do 14 de decembro de 2022).
A axuda económica mensual será do 50% do aluguer. A renda da vivenda, para o Concello de Rodeiro, non pode superar os 480€ mensuais.
Poderán ser beneficiarios/as aquelas persoas maiores de idade que teñan ou vaian ter un contrato de aluguer dunha vivenda e que esta constitúa a residencia habitual do/a titular ou titulares do contrato.
Esta liña de subvencións vai dirixida a sectores da poboación con escasos medios económicos. Ademais, hai unha liña de axudas específica para menores de 35 anos que é o bono alugueiro á mocidade.
Requisitos económicos: os ingresos máximos da unidade de convivencia non poden ser superiores a 3 veces o IPREM, aumentando o límite para familias numerosas, persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo.
Prazo de presentación: o prazo de presentación para optar a esta subvención remata o día 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria.
Información: para recibir máis información sobre esta subvención e a súa solicitude poden dirixirse ao servizo de educación familiar (teléfono de contacto 986790185 extensión 4, correo electrónico educadora@rodeiro.gal ).
Información e presentación da solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento VI483A.