Skip to main content
Novas

Programa de apertura do CPI de Rodeiro fóra de horario lectivo

By 11 Xaneiro, 2012No Comments

O vindeiro 16 de xaneiro darán comezo as actividades extraescolares polas tardes no colexio, encadradas dentro do Programa de apertura do CPI fóra de horario lectivo e dirixidas a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos.

Dentro das actividades ofertadas están:
– Espazo de estudo
– Aula de apoio e reforzo de aprendizaxe para alumnado de primaria e secundaria
– Actividades deportivas: o corpo en movemento.
– Venres temáticos
– Actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, animación á lectura, inglés…

O horario será de 16:30 h. a 19:30 h. de luns a xoves e os venres dende as 14:00 h. ata as 19:30 h. Tamén se pode matricular nunha actividade en concreto como aula de apoio ou novas tecnoloxías…

Dende o 16 ata o 20 de xaneiro poderase realizar a matrícula no servizo de educación familiar do concello (preguntar por Ana). Para aqueles rapaces e rapazas que xa estaban matriculados dende outubro non será preciso voltar a realizar a matrícula, só renovar a autorización.

As cotas a pagar estarán en función das horas de asistencia, con dereito a diversas reducións e exencións en función da ordenanza reguladora.

Leave a Reply