
Actividade cofinanciada polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdade. Goberno de España.
O Concello de Rodeiro pon en marcha de novo este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroada no noso concello.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante o curso escolar unha vez rematada a xornada lectiva para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
O programa dará comezo o 9 de setembro e desenvolverase de luns a venres en horario de 16:20h. a 20:20h. de luns a xoves e os venres de 13:50h. a 17:50h.
Aberto prazo de inscripción ata o día 4 de setembro, incluido. Fóra dese prazo poderanse inscribir nenos e nenas de quedar prazas libres.
Ofértanse 30 prazas por día da semana.
Na folla de inscrición indicarase os días da semana que vai acudir cada participante.
O prezo por participar nas actividades fixarase en base á ordenanza de actividades educativas e irá dende os 20€ aos 40€ en función das horas de asistencia mensuais, con deducións para 2º irmán, familia monoparentais, numerosas, rendas baixas e outras circunstancias especiais.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.