Skip to main content
Novas

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

By 3 Abril, 2017Agosto 7th, 2019No Comments

Consellería de Política Social- Xunta de Galicia (Orde do 24 de marzo de 2017. DOG núm. 65 do 3 de abril de 2017)
Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.

Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2/1/2014 e o 1/1/2017, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2015, non presentasen a declaración da Renda do citado exercicio 2015.

Requisitos:
• Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
• Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.

Contía da axuda:
A axuda económica consiste nun pagamento único por cada fillo/a menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación. Contías:

Polo primeiro fillo ou filla 360 €.

Polo segundo fillo ou filla 1200 €.

Cando sexa o terceiro ou terceira e sucesivos: 2400 €

Documentación:
Documento de identidade da persoa solicitante.
Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.

Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

Número de conta bancaria no que se desexa recibir a axuda.

Prazo de presentación:
Ata o 26 de maio de 2017
Lugar de información e presentación de solicitudes:
Servizo de Educación Familiar Municipal.

Contacto: 986790185- educadora@rodeiro.gal