Skip to main content
Novas

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

By 11 Setembro, 2015No Comments

(Orde do 31 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2014. DOG núm. 170 do 7 de setembro de 2015)
Obxecto:
Ampliación de crédito e novo prazo de solicitude ata o 7 de outubro de 2015

Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre o 2/1/2012 e o 1/1/2015, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013, non presentasen a declaración da Renda do citado exercicio 2013.

Requisitos:
• Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
• Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.

Contía da axuda:
A axuda económica consiste nun pagamento único por cada fillo/a menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación.

Contías:
Polo primeiro fillo ou filla 360 €.
Polo segundo fillo ou filla 1200 €.
Cando sexa o terceiro ou terceira e sucesivos: 2400 €

Documentación:
Documento de identidade da persoa solicitante.
Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
Número de conta bancaria no que se desexa recibir a axuda.

Prazo de presentación:
Ata o 7 de outubro de 2015

Lugar de información e presentación de solicitudes:
Servizos Sociais Municipais
Información aclaratoria importante: as persoas que xa fixeron a solicitude na anterior convocatoria do mes de febreiro de 2015 non é preciso que fagan de novo a solicitude. O seu expediente xa se está tramitando.