O Concello de Rodeiro abre o prazo para realizar a solicitude de acceso ao plan de alimentos 2022 para aquelas persoas e unidades familiares que cumpran os requisitos de acceso fixados nas Bases Reguladoras para o acceso ao Plan de Alimentos Procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), aprobadas en Xunta de Goberno Local a 20 de febreiro de 2013.
Beneficiarios/as: aquelas persoas e unidades familiares residentes no Concello de Rodeiro que se atopen nunha situación de precariedade económica e de especial vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.
Requisitos económicos: a unidade familiar non poderá superar mensualmente os seguintes ingresos:
Membros da unidade familiar | Ingresos máximos |
1 | 434,26 € |
2 | 503,74 € |
3 | 561,64 € |
4 | 607,96 € |
5 | 654,28 € |
6 | 700,60€ |
7 | 746,92 € |
8 | 793,24 € |
Dos ingresos mensuais totais da unidade familiar serán deducibles os gastos de aluguer ou hipoteca, así coma gastos fixos de electricidade, auga, gas, medicacións, etc.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e o prazo estará aberto todo o ano.
Para recibir máis información sobre este programa e a súa solicitude, poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar e ao Departamento de Servizos Sociais.