O Concello de Rodeiro abre o prazo para realizar a solicitude de acceso ao Plan de Alimentos 2021 para aquelas persoas e unidades familiares que cumpran os requisitos de acceso fixados nas Bases Reguladoras para o acceso ao Plan de Alimentos Procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), aprobadas en Xunta de Goberno Local a 20 de febreiro de 2013.
Beneficiarios/as: aquelas persoas e unidades familiares residentes no Concello de Rodeiro que se atopen nunha situación de precariedade económica e de especial vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.
Requisitos económicos: a unidade familiar non poderá superar mensualmente os seguintes ingresos:
Membros da unidade familiar | Ingresos máximos |
1 | 411,45 € |
2 | 477,28 € |
3 | 532,14 € |
4 | 576,03 € |
5 | 619,92 € |
6 | 663,81€ |
Dos ingresos mensuais totais da unidade familiar serán deducibles os gastos de aluguer ou hipoteca, así coma gastos fixos de electricidade, auga, gas, medicacións, etc.
Solicitudes e prazo de presentación: as solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello e o prazo estará aberto todo o ano.
Información: para recibir máis información sobre este programa e a súa solicitude, poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar.
Para ser atendidos/as presencialmente prégase solicitar cita previamente.