O Concello de Rodeiro organiza unha actuación de humor a cargo de Os Sete Magníficos + 1 o vindeiro venres 4 de setembro ás 21:00 horas no Centro Cultural Municipal. Pedro Brandariz y Fran Rei, coñecidos ultimamente pola súa participación no programa Luar da TVG cos seus alocados personaxes de O Gordo e o Calvo e Os Ramistas, presentan un nuevo espectáculo cómico na súa liña de traballo en televisión. Bivalvos como galegos é O Gordo e o Calvo en esencia pura. O humor e a ironía de Pedro Brandariz e Fran Rei sen colorantes nin conservantes. Bivalvos como galegos é, por así dicilo, unha reflexión chea de retranca sobre cómo nos enfrontamos os galegos a certas sitacións rutinarias, como pueden ser os trámites burocráticos, salir a comprar a prensa un domingo pola mañá ou unha cea romántica nun restaurante demasiado moderno.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.