O día 8 de abril dará comezo unha nova acción formativa para os gandeiros do Concello de Rodeiro.
O obxectivo do curso será a aplicación práctica das diferentes ferramentas que nos aporta internet a día de hoxe, entre eles, o SIXPAC ou a oficina virtual agraria.
O curso terá unha duración de 10 horas en horario de 11:00h a 13:30h na aula informática da casa escola de A Latiza.
Todos aqueles que queiran inscribirse deberán facelo a través do teléfono 986790185 ou no correo electrónico info@rodeiro.gal.