Actividade cofinanciada pola Deputación de Pontevedra
Dentro da actividade “As primeiras sementes de Igualdade” este venres desenvolverase unha sesión centrada na literatura infantil e a educación en igualdade. Coñeceremos como se transmiten os estereotipos de xénero a través dos contos e tamén veremos exemplos de obras que rompen con eses estereotipos.
O obradoiro será o venres día 10 de novembro ás 16:30h. no salón de actos da Casa da Cultura e está dirixido a familias con crianzas de ata 6 anos de idade.
A profesional encargada da formación será unha psicóloga experta en igualdade de xénero da empresa Retnova Proxectia Consulting.
Contaremos con servizo de atención ás crianzas para aquelas nais e pais que desexen asistir e a segunda parte do obradoiro será para participar tanto pais e nais coma as súas crianzas de forma conxunta.