Cada vez temos maior interese pola cociña internacional, comidas típicas doutros países das que quedan moitos sabores por descubrir. Organizamos este curso para adquirir coñecementos e habilidades básicas sobre a elaboración de pratos de diferentes partes do mundo. Apúntate a elaborar receitas novas!!!
O curso terá lugar na casa escola de A Latiza dende o 5 ao 16 de setembro en horario de 17:ooh a 19:30h. Terá unha duración de 25 horas.
Para inscribirse deberase facer ata o 5 de setembro no centro cultural municipal “Manuel Lamazares”.