
O Servizo Multicanal Te Acompaña
Que é Cruz Vermella Te Acompaña?
Cruz Vermella Te Acompaña é un servizo multicanal gratuíto de atención personalizada e confidencial para reducir a soidade non desexada que as persoas senten e que permite realizar consultas a través dun teléfono gratuíto 900 444 111, o e-mail teacompana@cruzroja.es, a web Te Acompaña – Cruz Vermella e tamén desde as redes sociais de Facebook, Twitter e Instagram.
Cruz Vermella Te Acompaña, atópase dispoñible de luns a venres de 10 a 18h, atendido por persoal especializado en acompañamento para abordar situacións de illamento social e soidade non desexada.
Conta ademais cunha web especializada (Te Acompaña – Cruz Vermella) con información e contidos sobre diferentes temáticas para abordar as situacións de illamento e soidade en diferentes formatos: publicacións, vídeos, imaxes, infografías e contidos específicos como presentacións interactivas, entradas de blog, entre outros.
O voluntariado de Cruz Vermella que forma parte do equipo de Cruz Vermella Te Acompaña constitúe o soporte maioritario e é fonte de escoita e acompañamento para reducir o illamento das persoas e propiciar un nexo coa comunidade.
Contexto e datos sobre a soidade
¿Qué é a soidade?
A soidade é un sentimento que xorde da discrepancia entre as relacións sociais desexadas e as efectivamente mantidas. Significa sentirse só independentemente da cantidade de contactos sociais. O illamento social pode causar soidade nalgunhas persoas, mentres que outras poden sentirse soas sen estar socialmente illadas.
A soidade pode ser obxectiva e subxectiva. A primeira refírese á falta de compañía, e non sempre implica unha vivencia negativa, senón que pode ser unha experiencia buscada e enriquecedora, aínda que a maioría destas persoas víronse obrigadas a iso. A dimensión subxectiva é a que padecen as persoas que se senten soas, independente de que vivan ou non con outras persoas, ou estean inseridas nun contexto social, porque aquí non falamos de ausencia, senón dese sentimento doloroso e temido por moitas persoas. Nunca é unha situación buscada.
¿Qué é a soidade non desexada?
¿Qué é a soidade non desexada?
A soidade non desexada é un sentimento doloroso sostido no tempo provocado por unha falta de relación con outras persoas e a desvinculación co contorno comunitario: falamos dunha soidade que doe. As persoas senten que non poden compartir as súas vivencias con ninguén e/ou non teñen a quen acudir cando está en risco a súa seguridade ou o seu benestar.
A soidade é unha cuestión de malestar emocional que xorde cando unha persoa se sente incomprendida ou rexeitada por outros, ou carece de compañía para as actividades desexadas tanto físicas como intelectuais. A experiencia de soidade, no fondo, é a sensación de non ter o afecto necesario desexado, o cal produce sufrimento, desolación, insatisfacción, angustia, etc.