Novo horario de apertura das instalacións da piscina municipal de Rodeiro

Por 3 Setembro, 2019 Novas

Por mor do remate do contrato dun dos socorristas que prestaban servizo na piscina, dende o día 4 de setembro e ata o seu peche definitivo, o novo horario de apertura da instalación será o seguinte: os martes de 16:00 a 20:30 horas; e de mércores a domingo de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A piscina pechará ao público os luns todo o día e os martes pola mañá.