Skip to main content
Novas

Muller rural: de onte e de hoxe

By 6 Outubro, 2023No Comments

O día 15 de outubro celébrase o día da muller rural (todas as veciñas do noso concello) polo que dende a Concellería de Cultura e a Concellería de Igualdade lánzase esta iniciativa aberta a todas as veciñas do Concello de Rodeiro.
Proclamación das gañadoras o dia 15 de outubro ás 12:00h no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.
Anímate e participa!!
Temática:
Recreación dunha fotografía antiga. Escolles unha foto antiga, anterior ao ano 2003, onde saias ti mesma ou unha familiar e sácaste outra representándoa no mesmo lugar e a mesma escea.
Poderán participar mulleres de calquera idade, de forma individual ou en grupo. Non se admitirán fotomontaxes.
Obxectivo do concurso:
Por en valor e recordar a importancia do papel da muller no pasado e no presente do mundo rural, resaltando en imaxes o inmenso traballo que realizaron ao longo dos anos.
Valórase:
A orixinalidade da recreación.
A vinculación co medio rural Cambote, tanto da idea, como das persoas que aparecen nas fotografías.

Formato:
Cada participante poderá presentar unha soa recreación, que deberá ter un título.
Entregarase a orixinal e a recreación.
A participación no concurso leva implícito a aceptación das condicións do mesmo e a exposición ao público das fotografías presentadas.

Premios:
Premios para a máis votada: 100€
Premio para a segunda máis votada 75€
Premio para a terceira máis votada 50€.
Ás premiadas entregaráselles un vale polo valor do premio para gastar no comercio local.

Exposición e elección das fotografías gañadoras:
A eleccións das mellores farase mediante votación a través dun formulario na páxina web oficial do concello.
As mellores proxectaranse nun espazo público e aberto, na web municipal e imprimiranse para a súa exposición itinerante.
O día 15 de outubro ás 12:00h. daranse a coñecer as fotografías premiadas nun acto público no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

Prazo e lugar de entrega:
Poderase entregar fotografías ata o dia 12 ás 23:59h no correo electrónico biblioteca@rodeiro.gal ou no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”
Poderase votar os días 13 e 14 de Outubro.