Skip to main content
Novas

Migallas Teatro presenta “Falemos como galegas”

By 8 Agosto, 2025No Comments

A primeira das actividades programadas pola Concellería de Cultura, a través do + Escénicas da Deputación de Pontevedra, celebrarase o sábado 16 de agosto.

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor. María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.