Skip to main content
Novas

Mellor acompañad@s

By 14 Maio, 2024No Comments

O Concello de Rodeiro, a través da Fundación Amigos de Galicia, organiza un curso de formación de novas tecnoloxías que ten como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.
As actividades formativas, de carácter gratuíto, que se levarán a cabo no Centro Cultural “Manuel Lamazares”, teñen como finalidade que as persoas maiores sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático (disporase dun simulador para realizar transferencias, pago de recibos, etc.), utilizar o teléfono móvil (agregar contactos na axenda, realizar videochamadas, utilizar GPS, descargar aplicación, conectarse a unha rede wifi, etc.), utilizar as máquinas de quendas dos hospitais e operar na aplicación do Sergas.
As formación serán os días 21, 23, 28 de maio e o 4 de xuño en horario de 10.00 horas a 12.30 horas.
Para inscribirse chamar ao teléfono do Concello de Rodeiro 986 79 01 85.